Tenzas, xestión forestal Enxeñaría do medio natural e asesoramento legal

Información legal

Declaración de accesibilidade

Tenzas quere que calquera persoa poida usar esta web, tamén con lector de pantalla, só co teclado ou ampliando o texto. Aquí explicamos ata onde o conseguimos, que falta e como avisarnos se atopa unha barreira.

Tenzas, Enxeñería e Asesoramento Legal, S.L. comprométese a facer accesible o sitio web tenzas.es. Tenzas é unha empresa privada e non está entre os organismos obrigados polo Real Decreto 1112/2018, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público; aínda así, segue de forma voluntaria o seu criterio (a norma UNE-EN 301 549:2022, que remite ás Pautas de Accesibilidade para o Contido Web, WCAG 2.1, nivel AA) e o modelo de declaración da Decisión de Execución (UE) 2018/1523.

Esta declaración aplícase a tenzas.es nas súas tres versións: galego (tenzas.es), castelán (tenzas.es/es) e inglés (tenzas.es/en). Non inclúe a área do cliente (xestion.tenzas.es), que é unha aplicación distinta de acceso restrinxido.

Situación de cumprimento

Este sitio web é parcialmente conforme co RD 1112/2018 e coas WCAG 2.1 de nivel AA, debido ás excepcións e á falta de conformidade dos aspectos que se indican a continuación.

Contido non accesible

a) Falta de conformidade

  • Documentos PDF. Os informes da entidade certificadora (GFA Certification GmbH) que se publican na documentación pública non os elabora Tenzas. O informe da recertificación PEFC declara un idioma distinto do do seu contido e non ten título (requisitos 3.1.1 e 2.4.2). O resumo público do grupo é unha infografía: xa declara o castelán e ten título, pero falta comprobar a orde de lectura das súas caixas (requisito 1.3.2).

Se precisa o contido destes documentos nun formato accesible (texto, folla de cálculo ou lectura en voz), pídao pola canle indicada máis abaixo e facilitarémosllo.

b) Carga desproporcionada

Non se alega carga desproporcionada.

c) Contido que non entra no ámbito da lexislación aplicable

  • Os documentos, mapas e sitios web de terceiros aos que se ligan desde esta web (organismos públicos, entidade certificadora, Google Maps, socios de proxectos), que non controla Tenzas.
  • A área do cliente, xestion.tenzas.es, que non se avaliou nesta declaración.

Preparación desta declaración

Esta declaración preparouse o 24 de setembro de 2026.

O método empregado foi unha autoavaliación feita polo equipo que desenvolve a web: revisión automática con axe-core 4.13 de todas as páxinas en galego e dunha mostra en castelán e inglés, en pantalla de escritorio (1440 px) e de móbil (390 px), e revisión manual do contraste, da orde de tabulación e do foco visible, dos encabezados, dos textos alternativos, das etiquetas dos formularios, das rexións da páxina e do idioma declarado. Os problemas atopados que dependían da web corrixíronse ese mesmo día.

Última revisión da declaración: 24 de setembro de 2026.

Observacións e datos de contacto

Pode comunicarnos calquera problema de accesibilidade desta web, pedir información que non poida consultar nun formato accesible ou facernos chegar as súas suxestións por estas vías:

  • Formulario de contacto (motivo «Outra cuestión»; indique «Accesibilidade» na mensaxe).
  • Correo electrónico: info@tenzas.es
  • Teléfono: 982 809 154
  • Correo postal: Tenzas, Enxeñería e Asesoramento Legal, S.L., R/ Miguel de Cervantes 51, entrechán, 27003 Lugo.

Indíquenos a páxina ou o documento afectado e, se pode, o navegador e a tecnoloxía de apoio que usa. Contestarémoslle por escrito.

Contido opcional

  • A web está feita con HTML, CSS e un JavaScript mínimo; o contido pode lerse sen JavaScript (os filtros da documentación pública e o botón de pausa do vídeo da portada engádense cando está activo).
  • O vídeo de fondo da portada non ten son nin información propia; pódese deter co botón de pausa e non se reproduce se o sistema ten activada a opción de reducir o movemento.
  • Revisouse en Chromium. Aínda non se probou con lectores de pantalla (NVDA, VoiceOver); farase na próxima revisión.

Última actualización: setembro de 2026.