Novas e arquivo
Novas e arquivo de Tenzas
Os proxectos que arrancan, as formacións do equipo e os fitos da empresa desde 2013, cada un coa data real do feito e a fonte de onde sae. Non publicamos por publicar: aquí só hai o que pasou.
Arquivo
Todas as novas e os fitos
Ordenado pola data do feito. Os fitos sen nova propia gardan o seu resumo e a fonte documental, para que a memoria non dependa dunha ligazón externa.
2026
Data do feito:
NormativaNormativa
Regulamento europeo de deforestación (EUDR): que cambia para a madeira galega desde o 30 de decembro de 2026
O Regulamento (UE) 2023/1115 substitúe o regulamento da madeira (EUTR). Desde o 30 de decembro de 2026, quen poña madeira no mercado terá que acreditar de que parcela saíu, cando se cortou e que a corta foi legal. A prórroga de 2027 para as pequenas empresas non vale para a madeira.
Publicado: 3 de outubro de 2026
Data do feito:
NormativaNormativa
Cortas en Galicia desde 2026: máis casos con declaración responsable, e que é de verdade o 15 % da comunicación final
Desde o 1 de xaneiro de 2026 as talas en zonas de estradas, en bens catalogados e no territorio histórico de cinco Camiños de Santiago fanse con declaración responsable. A comunicación final só é obrigatoria se o cortado se desvía máis dun 15 % do declarado: non bloquea a corta.
Publicado: 3 de outubro de 2026
Data do feito:
NormativaNormativa
Montes de máis de 15 hectáreas: instrumento de ordenación ou xestión antes do 31 de decembro de 2028
A Lei 7/2012 obriga os montes cuxo maior coto redondo supera as 15 hectáreas a ter un instrumento de ordenación ou xestión vixente o 31 de decembro de 2028; sen el, desde esa data non se poden facer cortas comerciais. Para as comunidades, a Lei 5/2025 cambiou ademais o destino da cota de reinvestimento.
Publicado: 3 de outubro de 2026
Data do feito:
NormativaCertificación forestal
Certificación PEFC: desde novembro de 2026 todas as auditorías serán coa norma UNE 162002:2025
O novo Sistema Español de Certificación Forestal, coa norma UNE 162002:2025, está en vigor desde o 19 de novembro de 2025. Ata novembro de 2026 aínda se pode auditar co sistema anterior; despois, todas as auditorías serán co novo.
Publicado: 3 de outubro de 2026
Data do feito:
ActoSilvopastoreo e incendiosRaño Vivo
«Raño Vivo» preséntase en Irixoa o 22 de setembro
Presentación pública do proxecto silvopastoral do monte veciñal de Raño, redactado por Tenzas, dentro da convocatoria «Comprometidos con nuestros bosques» de Carrefour e FSC España.
Publicado: 19 de setembro de 2026
Ler a nova: «Raño Vivo» preséntase en Irixoa o 22 de setembro
Data do feito: (data pendente de confirmar)
ProxectoSilvopastoreo e incendiosSILVO+
Tenzas, NIGAL e ENCE poñen en marcha SILVO+ co programa NEXOS
A Axencia Galega de Innovación apoia o proxecto de silvopastoreo intelixente (expediente IN852A 2025/31), cofinanciado pola Unión Europea.
Incorporado ao arquivo: 19 de setembro de 2026
Ler a nova: Tenzas, NIGAL e ENCE poñen en marcha SILVO+ co programa NEXOS
2024
Data do feito:
FitoCertificación forestal
Recertificación PEFC do grupo «Propietarios das Mariñas»
Auditoría de recertificación PEFC do 13 ao 15 de maio de 2024, con 5.237 membros e unhas 30.700 hectáreas no grupo que xestiona Tenzas. O informe está datado o 12 de xuño de 2024.
Incorporado ao arquivo: 24 de setembro de 2026
Data do feito:
FormaciónDixitalización
Formación en GESPROYEC para impulsar a transformación dixital da empresa
O equipo fórmase no CRM GESPROYEC dentro dos Bonos Talento Empresa do FSE+ Galicia 2021-2027, cofinanciados ao 60 % pola Unión Europea.
Publicado: 6 de maio de 2024 · Incorporado ao arquivo: 19 de setembro de 2026
Ler a nova: Formación en GESPROYEC para impulsar a transformación dixital da empresa
2023
Data do feito:
FitoCertificación forestal
Reavaliación FSC® do grupo de certificación
Auditoría de reavaliación FSC® de xestión forestal do 5 ao 7 de xullo de 2023. Informe do 14 de xullo e decisión de certificación do 7 de agosto de 2023.
Incorporado ao arquivo: 24 de setembro de 2026
2020
Data do feito:
FitoCertificación forestal
O grupo obtén o certificado FSC® de xestión forestal
O 1 de setembro de 2020 o grupo «Propietarios das Mariñas» suma a certificación FSC® á que xa tiña de PEFC.
Incorporado ao arquivo: 24 de setembro de 2026
2015
Data do feito:
FitoCertificación forestal
Primeiro certificado PEFC do grupo «Propietarios das Mariñas»
GFA Certification emite o certificado PEFC de xestión forestal do grupo, do que Tenzas é a entidade xestora.
Incorporado ao arquivo: 24 de setembro de 2026
2013
Data do feito:
FitoEmpresa e equipo
Constitución de Tenzas en Lugo
Tenzas, Enxeñería e Asesoramento Legal, S.L. constitúese en Lugo, coa enxeñaría e o dereito do monte como liñas de traballo desde o principio.
Incorporado ao arquivo: 24 de setembro de 2026
Ningunha entrada coincide cos filtros.
Como se fai este arquivo. Cada entrada leva a data real do feito e, cando existe, a data en que se publicou por primeira vez ou en que se incorporou ao arquivo. Se tes unha nota de prensa, unha foto ou unha noticia antiga sobre Tenzas que non estea aquí, escríbenos a info@tenzas.es.
Ver os proxectos Coñecemento compartido Financiamento público recibido
Contacto
Cóntanos que monte tes e que che preocupa
Unha comunidade sen instrumento de ordenación, unha finca que queres vender ou certificar, unha empresa que necesita a cadea de custodia. Escríbenos ou chama, e dicímosche por onde empezar.
- C/ Miguel de Cervantes 51, entrechán27003 Lugo (Galicia)
- 982 809 154De luns a venres, en horario de oficina
- info@tenzas.esConsultas, orzamentos e partes interesadas da certificación






