Tenzas, xestión forestal Enxeñaría do medio natural e asesoramento legal

Contacto

Cóntanos que monte tes e que che preocupa

Unha comunidade sen instrumento de ordenación, unha finca que queres vender ou certificar, unha empresa que precisa a cadea de custodia. Escríbenos polo formulario ou chama ao 982 809 154, e dicímosche por onde empezar. Atendemos desde Lugo a toda Galicia e ao Principado de Asturias.

Escríbenos

Os campos marcados con * son obrigatorios. Contestamos por correo ou por teléfono, segundo o que nos indiques.

Información básica sobre protección de datos. Responsable: Tenzas, Enxeñería e Asesoramento Legal, S.L. Finalidade: atender a consulta que nos envías e responderche. Lexitimación: o teu consentimento. Destinatarios: non se ceden datos a terceiros, salvo obriga legal; os provedores de aloxamento web e de correo actúan como encargados do tratamento. Dereitos: podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos, así como exercer os demais dereitos que che recoñece a lei, escribindo a pilar.orol@tenzas.es. Máis información na política de privacidade.

Chamar, escribir ou vir

Xa es cliente? A área do cliente, co mapa de teselas, os expedientes e as licitacións do teu monte, está en xestion.tenzas.es. Se aínda non tes acceso, pídeo co formulario.

Como chegar

A oficina, no centro de Lugo

Estamos na rúa Miguel de Cervantes, número 51, entrechán, 27003 Lugo. Se vés vernos, avisa antes por teléfono para que teñamos preparado o teu expediente.

O mapa ábrese en Google Maps, fóra desta web. Aquí non incrustamos mapas nin outros servizos de terceiros sen o teu consentimento.

Certificación forestal

Partes interesadas do grupo «Propietarios das Mariñas»

Se es parte interesada na xestión forestal certificada FSC® e PEFC do grupo «Propietarios das Mariñas» (propietario, veciño, empresa, administración ou organización) e queres facernos chegar unha consulta, un comentario ou unha queixa, podes usar este mesmo formulario, escribir a info@tenzas.es ou envialo por correo postal ao enderezo da oficina.

Como funciona a certificación en grupo e que documentación é pública