Proxectos
O que facemos no monte, non só no despacho
Tenzas redacta, cartografía e dirixe proxectos de xestión forestal en Galicia: silvopastoreo para previr incendios, innovación con intelixencia artificial e certificación FSC® e PEFC en grupo. Aquí están os que poden verse sobre o terreo.
Proxectos en marcha
Silvopastoreo, innovación e certificación
Raño Vivo: cabalos e cabras para previr incendios en 342 hectáreas de monte veciñal
Sistema silvopastoral con cabalo de pura raza galega e cabras no monte veciñal de Raño: recuperación de pradeiras, peche antilobo, control biolóxico da acacia e colares GPS. Proxecto técnico de Tenzas para a convocatoria «Comprometidos con nuestros bosques» de Carrefour e FSC España.
Ver o proxecto
SILVO+: silvopastoreo intelixente con intelixencia artificial
Con NIGAL e ENCE, desenvolvemos modelos de pastoreo, cercado virtual e unha metodoloxía para certificar servizos ecosistémicos. Subvencionado pola Axencia Galega de Innovación e cofinanciado pola Unión Europea.
Ver o proxecto
Grupo de certificación «Propietarios das Mariñas»
Máis de 5.200 propietarios e comunidades con xestión forestal certificada FSC® e PEFC, auditados por GFA Certification, con documentación pública á disposición das partes interesadas.
Ver a certificaciónComo traballamos
Do diagnóstico ao seguimento, cun só equipo
Redacción técnica
Memoria técnica, memoria económica e plan de seguridade e saúde, co encaixe na convocatoria ou no instrumento de ordenación do monte.
Cartografía
Planos de localización e de actuacións sobre ortofoto e catastro, con coordenadas oficiais, listos para o expediente.
Dirección e seguimento
Dirección dos traballos, indicadores medibles e cadro de mando para que o financiador e a comunidade vexan o que se fixo.
Certificación
Os montes nos que traballamos están dentro do grupo FSC® e PEFC «Propietarios das Mariñas», o que permite verificar os impactos. Como funciona a certificación en grupo.
Contacto
Tes un monte con biomasa de máis e gando de menos?
Os proxectos silvopastorais son replicables noutros montes veciñais e fincas de Galicia e Asturias. Cóntanos o teu caso e dicímosche se encaixa nalgunha convocatoria aberta.
- C/ Miguel de Cervantes 51, entrechán27003 Lugo (Galicia)
- 982 809 154De luns a venres, en horario de oficina
- info@tenzas.esConsultas, orzamentos e partes interesadas da certificación