Transparencia
Financiamento público
Tenzas foi beneficiaria de axudas da Unión Europea, da Xunta de Galicia e da Axencia Galega de Innovación para dixitalizar a empresa, formar o seu equipo, contratar persoas novas e investigar en silvopastoreo. Esta páxina cumpre a obriga de publicidade desas axudas e recolle os carteis informativos de cada programa.
Unión Europea · Next Generation EU
Programa Kit Digital
Web financiada polo Programa Kit Digital, financiado pola Unión Europea – Next Generation EU.
O Programa Kit Digital está cofinanciado polos fondos Next Generation (EU) do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Tenzas recibiu a axuda para a solución de sitio web e presenza en internet.
Xunta de Galicia · Fondo Social Europeo Plus
Formación do equipo e emprego xuvenil
Axudas da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia para accións formativas de curta duración (Bonos Talento Empresa, procedemento TR302D, cofinanciadas pola Unión Europea a través do Programa FSE+ Galicia 2021-2027) e para a contratación de persoas novas (procedemento TR353C). Debaixo de cada cartel resumimos o que di. Prema sobre un cartel para velo a tamaño completo.
Axencia Galega de Innovación · Fondos europeos
Proxecto SILVO+ (Programa Nexos 2025)
SILVO+, «Prevención de incendios e servizos ecosistémicos mediante silvopastoreo intelixente», é un proxecto de I+D+i de Tenzas con Nova Industria Galega (NIGAL) e ENCE Energía y Celulosa, S.A., apoiado pola Axencia Galega de Innovación na convocatoria Nexos 2025 (procedemento IN852A, expediente IN852A 2025/31) e cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa Galicia FEDER 2021-2027.