Tenzas, xestión forestal Enxeñaría do medio natural e asesoramento legal

Que facemos

Oito ámbitos de traballo, un só equipo

Na xestión dun monte mestúranse cuestións técnicas, legais, administrativas e económicas. En Tenzas tratámolas no mesmo equipo: desde o inventario e a planificación ata a venda da madeira, os límites da propiedade, a certificación FSC e PEFC, os proxectos de innovación e o carbono, en Galicia e Asturias.

Enxeñeira forestal medindo o diámetro dun piñeiro cunha forcípula, coa tableta e o plano no chan

Como traballamos

Un encargo case nunca cabe nun só ámbito

Separamos o traballo en oito ámbitos para que atopes axiña o que precisas, pero a maioría dos encargos combinan varios. Vender a madeira dun monte veciñal, por exemplo, obriga a inventariar e cubicar, tramitar a corta, revisar o contrato e controlar os ingresos. Por iso en cada ámbito explicamos que problema resolve, que fases asumimos e con que outros se relaciona.

Ámbitos de traballo

Que resolvemos e como o facemos

01

Xestión e planificación forestal

Ter un monte non é o mesmo que saber que facer con el. Sen un inventario e un plan que partan dos obxectivos da propiedade e da realidade do terreo, os usos, os traballos, os aproveitamentos e os investimentos decídense por separado.

Fases que asumimos

  • Inventario forestal.
  • Instrumento de ordenación ou de xestión.
  • Planificación silvícola e prevención de incendios.
  • Dirección e seguimento das actuacións e dos aproveitamentos.
  • Xestión continuada do monte.

Relaciónase con

Comunidades de montes Propietarios forestais

02

Aproveitamentos forestais e empresas da madeira

Para madeireiros, rematantes, propietarios e outras empresas do sector. Antes de vender ou comprar madeira hai que saber canta hai e canto vale, e ter en regra a tramitación da corta e a documentación que a acompaña.

Fases que asumimos

  • Inventario previo ao aproveitamento.
  • Cubicación e valoración da madeira en pé ou apilada; medición e clasificación de lotes.
  • Tramitación de plans, autorizacións e declaracións responsables de corta.
  • Apoio documental e cartográfico.
  • Certificación FSC e PEFC de cadea de custodia e madeira controlada.

Relaciónase con

Profesionais do sector Propietarios forestais

03

Propiedade e territorio

Límites que ninguén ten claros, titularidades por aclarar, superficies que non coinciden co Catastro ou conflitos cos estremeiros. Axudamos a reconstruír a información, medir e cartografar, e a resolver o problema onde corresponda.

Fases que asumimos

  • Investigación da propiedade.
  • Levantamentos topográficos e cartografía.
  • Deslindes.
  • Tramitación ante o Catastro e o Rexistro da Propiedade.
  • Análise técnica de discrepancias e conflitos territoriais.

Relaciónase con

Propietarios forestais Comunidades de montes

04

Certificación e trazabilidade

Demostrar que un monte se xestiona ben, ou que a madeira e a biomasa teñen unha orixe controlada, esixe un sistema documental ao día e superar auditorías externas. Xestionamos o grupo de certificación FSC e PEFC «Propietarios das Mariñas».

Fases que asumimos

  • Incorporación aos sistemas FSC e PEFC de xestión forestal e cadea de custodia.
  • Certificación de sustentabilidade da biomasa SURE.
  • Preparación e mantemento do sistema documental.
  • Auditorías internas.
  • Formación e acompañamento durante as auditorías externas.

Relaciónase con

Certificación forestal

06

Innovación e cooperación

Unha boa idea para o territorio precisa socios, financiamento e alguén que a converta nun proxecto, o leve a cabo e o xustifique. Traballamos en proxectos de I+D+i, cooperación e desenvolvemento rural, como Raño Vivo ou SILVO+.

Fases que asumimos

  • Deseño do proxecto.
  • Coordinación con socios e entidades financiadoras.
  • Execución.
  • Seguimento.
  • Xustificación.

Relaciónase con

Proxectos

07

Carbono e servizos ecosistémicos

O monte achega máis que madeira: carbono, biodiversidade, auga, prevención de riscos e mellora do territorio. Para que eses beneficios se poidan recoñecer e financiar hai que identificalos, medilos e verificalos. O patrocinio e a eventual venda de créditos ou unidades ambientais explícanse e documéntanse por separado.

Fases que asumimos

  • Identificación dos impactos e beneficios.
  • Cuantificación.
  • Verificación.
  • Valorización.

Relaciónase con

08

Tecnoloxía aplicada ao monte

Medir ben é a base do resto: canta madeira hai, por onde van os límites, que se fixo e como evoluciona. Usamos ferramentas dixitais de medición e toma de datos para o inventario, a cubicación, a propiedade e o seguimento dos traballos.

Ferramentas

  • SLAM e GPS subcentimétrico.
  • Drons.
  • Vertex e forcípulas electrónicas.
  • Sistemas de información xeográfica.

Relaciónase con

Contacto

Cóntanos o teu caso coas túas palabras

Non fai falta saber en que ámbito encaixa. Explícanos que pasa no monte ou que queres facer, e dicímosche por onde empezar e que parte do traballo podemos asumir.