Tenzas Lugo, Galicia Desde 2013
Enxeñaría do medio natural e asesoramento legal para o monte galego
Ordenamos, certificamos e defendemos montes de comunidades veciñais, propietarios e empresas do sector forestal. Enxeñeiros de montes, enxeñeiros forestais e xuristas no mesmo equipo, para que o técnico e o legal non vaian por separado.
«Se serves á natureza, ela servirache a ti»
Quen somos
Tenzas, Enxeñería e Asesoramento Legal, S.L. é unha consultora de Lugo especializada en enxeñaría forestal, xestión do medio natural e dereito do monte. Traballa para comunidades de montes veciñais en man común, propietarios particulares, empresas forestais e administracións de Galicia e Asturias, e é a entidade xestora do grupo de certificación forestal FSC® e PEFC «Propietarios das Mariñas».
Para quen traballamos
Catro tipos de cliente, un mesmo criterio: que o monte renda sen deixar de ser monte
Comunidades de montes
Instrumentos de ordenación, estatutos e asembleas, aproveitamentos, deslindes, convenios e toda a relación coa Xunta. Para que a xunta reitora non cargue soa co papelame.
Ver servizos 02Propietarios forestais
Plans de xestión, solicitudes de corta, certificación en grupo, catastro, herdanzas e permutas. Para sacarlle partido a unha finca sen se perder nos trámites.
Ver servizos 03Profesionais do sector
Cadea de custodia FSC e PEFC en grupo, documentación para contratar con montes certificados e acceso ás licitacións de obras e aproveitamentos que xestionamos.
Ver servizos 04Administracións e outras entidades
Asistencia técnica, proxectos e direccións de obra, informes periciais, cartografía e proxectos de innovación para concellos, asociacións, fundacións e empresas.
Ver servizosQue facemos
Do plano ao papel oficial, sen intermediarios
O que normalmente esixe dous despachos (o técnico e o xurídico) aquí lévao un só equipo, cun interlocutor e unha responsabilidade.
- 01
Ordenación e planificación forestal
Instrumentos de ordenación e de xestión forestal, plans técnicos, inventarios e cartografía de teselas. Coa vista posta nos prazos que marca a Lei 7/2012 de montes de Galicia.
- 02
Certificación forestal FSC® e PEFC
Xestión forestal e cadea de custodia en grupo. Achegamos a certificación ao pequeno propietario e á comunidade de montes repartindo o custo e levando o sistema.
- 03
Aproveitamentos e venda de madeira
Sinalamento, cubicación, licitación entre empresas, control da corta e liquidación. Con documentación de cada empresa validada antes de entrar no monte.
- 04
Asesoramento xurídico do monte
Comunidades de montes, deslindes, servidumes, convenios coa Administración, herdanzas, permutas e recursos. Dereito aplicado ao terreo, non en abstracto.
- 05
Cartografía, topografía e catastro
Levantamentos, replanteos, coordinación co catastro e planos para expedientes. Todo con referencia catastral e sistema de coordenadas oficial.
- 06
Proxectos de obras e prevención de incendios
Pistas, peches, rozas, faixas de xestión de biomasa, plantacións e reforestación. Redacción, dirección de obra e seguimento a 3, 6 e 12 meses.
- 07
Subvencións e trámites
Axudas da Xunta, da Unión Europea e de programas privados, e tramitación electrónica de permisos de corta, comunicacións e autorizacións.
- 08
Silvopastoreo, biodiversidade e innovación
Proxectos silvopastorais, control de biomasa con gando, servizos ecosistémicos e proxectos de I+D+i con empresas e centros de investigación.
Certificación forestal
Entidade xestora do grupo «Propietarios das Mariñas»
Un certificado de xestión forestal é caro e complexo para unha finca soa. En grupo, o custo repártese, a oficina central leva o sistema e o propietario só ten que cumprir o plan. Así achegamos FSC® e PEFC a miles de pequenos propietarios e comunidades de Galicia e Asturias.
Proxectos
O que facemos no monte, non só no despacho
Raño Vivo: cabalos e cabras para previr incendios en 342 hectáreas de monte veciñal
Sistema silvopastoral con cabalo de pura raza galega e cabras no monte veciñal de Raño: recuperación de pradeiras, peche antilobo, control biolóxico da acacia e colares GPS. Proxecto técnico de Tenzas para a convocatoria «Comprometidos con nuestros bosques» de Carrefour e FSC España.
Ver o proxecto
SILVO+: silvopastoreo intelixente con intelixencia artificial
Con NIGAL e ENCE, desenvolvemos modelos de pastoreo, cercado virtual e unha metodoloxía para certificar servizos ecosistémicos. Subvencionado pola Axencia Galega de Innovación e cofinanciado pola Unión Europea.
Ver o proxecto
Grupo de certificación «Propietarios das Mariñas»
Máis de 5.200 propietarios e comunidades con xestión forestal certificada FSC® e PEFC, auditados por GFA Certification, con documentación pública á disposición das partes interesadas.
Ver a certificaciónÁrea do cliente
O teu monte, en liña
Os nosos clientes consultan o seu monte desde o móbil ou o ordenador: teselas sobre ortofoto, expedientes en marcha, licitacións abertas e documentación das empresas que traballan nel.
- Mapa de teselas con catastro, ortofotos históricas desde 1956 e faixas de xestión de biomasa.
- Aproveitamentos, melloras e obras co seu estado e os seus documentos.
- Licitacións con ofertas cifradas e empresas coa documentación ao día.
- Planos A4 e A3 listos para expedientes, e descarga en GeoJSON, KML e GPX.
Novas
Últimas novidades
«Raño Vivo» preséntase en Irixoa o 22 de setembro
O proxecto silvopastoral do monte veciñal de Raño, redactado por Tenzas, preséntase publicamente dentro da convocatoria «Comprometidos con nuestros bosques» de Carrefour e FSC España.
Ler
Tenzas, NIGAL e ENCE poñen en marcha SILVO+ co programa NEXOS
A Axencia Galega de Innovación apoia o proxecto de silvopastoreo intelixente, cun orzamento de 1,02 millóns de euros e cofinanciamento da Unión Europea.
Ler
Formación en GESPROYEC para impulsar a transformación dixital da empresa
O equipo fórmase no CRM GESPROYEC dentro dos Bonos Talento Empresa do FSE+ Galicia 2021-2027, cofinanciados ao 60 % pola Unión Europea.
LerContacto
Cóntanos que monte tes e que che preocupa
Unha comunidade sen instrumento de ordenación, unha finca que queres vender ou certificar, unha empresa que necesita a cadea de custodia. Escríbenos ou chama, e dicímosche por onde empezar.
- R/ Miguel de Cervantes 51, entrechán27003 Lugo (Galicia)
- 982 809 154De luns a venres, en horario de oficina
- info@tenzas.esConsultas, orzamentos e partes interesadas da certificación
Financiamento público
Programas de financiamento público
Tenzas foi beneficiaria de axudas da Xunta de Galicia e da Unión Europea para formación, emprego xuvenil, innovación e dixitalización. Ver os programas e os carteis informativos.