04 · Servizos
Administracións e outras entidades
Damos asistencia técnica forestal a concellos, mancomunidades, asociacións, fundacións, promotores de parques eólicos, empresas con terreos e centros de investigación: proxectos e direccións de obra, informes periciais, cartografía e SIX, prevención de incendios, tramitación ambiental e innovación. Enxeñeiros forestais colexiados e unha xurista, desde Lugo, para toda Galicia e Asturias.
Que resolvemos
Un equipo forestal externo, con sinatura técnica e criterio xurídico
Moitas entidades xestionan monte sen ter un técnico forestal no cadro de persoal. Facemos ese traballo por encargo, proxecto a proxecto ou como asistencia continuada.
Asistencia técnica e redacción de proxectos
Proxectos de obra forestal, memorias técnicas, pregos e informes para expedientes municipais, subvencións e convocatorias. Asinados por un enxeñeiro técnico forestal colexiado.
- Pistas, peches, rozas, plantacións e restauración.
- Memorias e orzamentos para solicitar axudas.
- Informes técnicos para expedientes e consultas.
Dirección de obra
Que a obra se faga como se proxectou, en prazo e coas certificacións en regra. E que despois siga funcionando.
- Replanteo, visitas de obra e certificacións.
- Coordinación coa empresa adxudicataria.
- Seguimento a 3, 6 e 12 meses.
Informes e peritaxes forestais
Cando hai que valorar un dano, un arboredo, unha linde ou unha ocupación, fai falta un informe que se sosteña no terreo e ante un tribunal.
- Valoración de danos, arboredo e aproveitamentos.
- Informes de lindes e ocupacións con levantamento topográfico.
- Ratificación ante o xulgado ou a Administración.
Cartografía e SIX
Mapas que serven para decidir e para tramitar: sobre ortofoto, con catastro e co sistema de coordenadas oficial.
- Levantamentos, replanteos e planos para expedientes.
- Capas de teselas, faixas de biomasa, infraestruturas e afeccións.
- Entrega en Shapefile, GeoJSON, KML, GPX e PDF.
Inventarios e prevención de incendios
Inventarios forestais e plans de prevención e defensa contra incendios, incluídas as faixas de xestión de biomasa que lles corresponden aos concellos.
- Inventario forestal e cartografía de combustibles.
- Plans municipais de prevención e defensa contra incendios.
- Proxectos de faixas, puntos de auga e pistas.
Tramitación ambiental
Documentos ambientais, alegacións e trámites ante a Xunta para obras e infraestruturas no monte, incluídas as de parques eólicos e liñas eléctricas.
- Documentación ambiental de proxectos.
- Afeccións a espazos protexidos, leitos e patrimonio.
- Alegacións, recursos e seguimento do expediente.
Innovación e silvopastoreo
Participamos en proxectos de I+D+i con empresas e centros de investigación. SILVO+, con NIGAL e ENCE dentro do programa NEXOS, desenvolve o silvopastoreo intelixente con cercado virtual e intelixencia artificial.
- Redacción de propostas para convocatorias de innovación.
- Socio técnico en proxectos de silvopastoreo e servizos ecosistémicos.
- Ver o proxecto SILVO+
Formación e divulgación
Xornadas, cursos e material divulgativo para técnicos municipais, asociacións, comunidades e centros educativos, sobre xestión forestal, certificación e prevención de incendios.
- Cursos á medida para técnicos e persoal da entidade.
- Xornadas divulgativas e obradoiros escolares.
- Carteis, guías e material de divulgación.
Como traballamos
Catro pasos, adaptados á contratación de cada entidade
Un concello non contrata como unha fundación nin como unha empresa. A proposta axústase ao procedemento de cada un.
Reunión e visita
Escoitamos que necesita a entidade, visitamos o terreo e revisamos a documentación e a cartografía de partida.
Proposta con prezo pechado
Alcance, prazos, entregables e prezo por escrito, no formato que esixa a contratación da entidade.
Execución técnica e xurídica
Redacción, cartografía, dirección de obra, tramitación ou peritaxe, cun interlocutor único e sinatura técnica colexiada.
Seguimento e área do cliente
A entidade consulta os seus proxectos, planos e expedientes en xestion.tenzas.es, e avisamos de prazos e revisións.
Área do cliente
Os proxectos da entidade, en liña
Cada entidade ten o seu espazo: o mapa dos seus terreos sobre ortofoto e catastro, os proxectos e obras co seu estado e os seus documentos, as licitacións de traballos coas ofertas cifradas e as empresas coa documentación validada. Planos A4 e A3 listos para expedientes, e descarga en GeoJSON, KML e GPX para integralos no SIX da entidade.
Preguntas frecuentes
O que nos preguntan as entidades
Facedes asistencia técnica para concellos que non teñen técnico forestal?
Si. Redactamos os proxectos, informamos os expedientes, diriximos as obras e atendemos as consultas do concello en materia forestal, de faixas de biomasa e de montes, co respaldo de enxeñeiros forestais colexiados e unha xurista no mesmo equipo.
Asinades os proxectos e as direccións de obra?
Si. Os proxectos asínaos un enxeñeiro técnico forestal colexiado no Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia, e a dirección de obra inclúe visitas, certificacións e seguimento posterior.
Facedes peritaxes para xuízos e expedientes?
Si. Informes periciais de valoración de danos, de arboredo, de lindes e de ocupacións, con levantamento en campo e planos, e ratificación ante o xulgado ou a Administración cando fai falta.
En que formato entregades a cartografía?
No formato que a entidade xa utiliza: Shapefile, GeoJSON, KML ou GPX, co sistema de coordenadas oficial, ademais de planos en PDF listos para expedientes. Tamén traballamos sobre a cartografía que a entidade nos facilita.
Colaborades en proxectos de investigación e innovación?
Como se contrata e canto custa?
Presentamos unha proposta por escrito con alcance, prazos e prezo pechado, adaptada ao procedemento de contratación da entidade. Para traballos recorrentes pódese propor unha asistencia técnica continuada.
Contacto
Cóntanos que necesita a túa entidade
Un proxecto que hai que redactar e asinar, unha peritaxe para un expediente, unha cartografía que falta, unha convocatoria de innovación na que entrar. Escríbenos ou chama, e dicímosche como o fariamos.
- R/ Miguel de Cervantes 51, entrechán27003 Lugo (Galicia)
- 982 809 154De luns a venres, en horario de oficina
- info@tenzas.esConsultas, orzamentos e partes interesadas da certificación